O Céltiga axexa os postos de ascenso e o Villalonga destácase aínda máis no liderado de Preferente
Por Redacción
A só dous puntos do ascenso directo colocouse o Céltiga tras vencer a domicilio ao Valladares (1-2) nun partido que se decidiu na primeira metade.
Os da Illa son terceiros con 28 puntos e aproveitando o tropezo do Gondomar achéganse aos postos de privilexio.
Machu adiantou ao Céltiga no primeiro minuto de xogo, empatando aos 25 minutos Bruno para o Valladares antes de que Álex Pena, no 36, lograse o 1-2 definitivo.
No liderado de Preferente, máis destacado aínda, atópase un Villalonga que non tivo problemas para desfacerse do Ourense (3-0) en San Pedro. Diego Blanco puxo en vantaxe aos celestes aos dous minutos e repetiu no 62 para encarrilar o partido, sentenciando pouco despois Bisti.
A quinta vitoria consecutiva do Villalonga fai que sexan xa 10 os puntos de vantaxe con respecto ao segundo clasificado e 12 sobre o terceiro.
O que non termina de reaccionar é o Portonovo, que non pasou do empate na súa visita ao campo do Monterrey (1-1). Os locais foron os primeiros en anotar, xa na segunda metade, pero Daniel empatou na seguinte acción salvando un punto para os arlequinados. Co empate o Portonovo queda na undécima praza con 20 puntos.
Completou a xornada o Unión Grove, que caeu derrotado pola mínima na casa do Arenteiro (1-0). O conxunto meco é décimo quinto con 16 puntos.
Relacionadas:
-
O Céltiga colócase en ascenso, o Unión Grove golea e Sanxenxo e Portonovo volven fallar
Por Redacción |
-
O Marcón frea ao líder Villalonga e queda a cinco minutos do triunfo (1-1)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro do Marcón en Sanxenxo (1-2) cun gol de Luis nos minutos finais
Por Redacción |
-
Intratable o Villalonga no Grove e triunfos de Sanxenxo, Portonovo e Céltiga
Por Redacción |