A falta de puntería na primeira metade condena ao Arosa en Bouzas (2-0)
Por Redacción
Gran primeiro tempo do Arosa, que se viu lastrado pola súa falta de acerto ante a meta rival no Baltasar Pujales, onde o Rápido de Bouzas impúxose con dous goles nese primeiro período, conseguidos por Marcos e polo exarlequinado, Martín Barreiro, que non o celebrou.
Os de Piscis comezaron mandando nun excelente inicio de partido, xerando ocasións que non foi capaz de materializar, unhas veces por falta de puntería e outras pola sensacional actuación do porteiro local, Sergio Ríos, que foi o mellor do seu equipo.
Despois ambos os equipos alternarían o dominio, ata que chegou o primeiro gol do partido, nun gran lanzamento de Marcos Pérez, desde fóra da área (minuto 34).
O Arosa tentouse rearmar pero nunha falta lateral que cabecea Martín Barreiro (minuto 41), con algo de fortuna, cóase na portería de Jorge Pérez.
Sylla cun remate cruzado e Adrián Camiño tiveron nas súas botas a posibilidade de reducir distancias antes do descanso, pero tampouco acertaron.
Á volta de vestiarios o Arosa quedaba cun menos (minuto 57) ao ver Cardeñosa o segundo cartón amarelo por unha dura entrada sobre Marcos. A pesar da inferioridade numérica, os visitantes dominaron pero apenas crearon perigo e só un disparo de Rubén Martínez inquietou a Sergio Ríos.
Nos últimos minutos, unha entrada de Cabanyes a un xogador local, terminou cun tumulto entre ambos os equipos e amoestación para o propio Cabanyes e o técnico arosista.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
Empate insuficiente para Alondras e Arosa (0-0)
Por Redacción |
-
Nin contra o pechacancelas Ribadeo pode un Arosa ineficaz en ataque (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa dá a baixa a Javi Sánchez tras a súa negativa para viaxar a Boiro
Por Redacción |
-
A falta de puntería priva ao Arosa do triunfo en Boiro (0-0)
Por Ramiro Espiño |
-
O Arosa domina mesmo en inferioridade pero non pasa do empate fronte As Pontes (0-0)
Por Redacción |