O Teucro retoma 'a súa liga' recibindo ao Anaitasuna en "un buen momento de juego y confianza"
Por Diego Espiño
A liga Asobal volve este mércores (20:45 horas) ao Pavillón Municipal dos Deportes cun Teucro que superou con boa nota, a pesar das derrotas, os seus enfrontamentos ante os poderosos Barcelona e Naturhouse La Rioja, e chega en palabras do seu adestrador "en un buen momento de juego y confianza".
Visita Pontevedra o Anaitasuna navarro en partido adiantado da duodécima xornada de liga, porque aínda que o equipo pamplonés non empezase ben a competición doméstica disputa competición europea esta tempada.
É unha das razóns polas que Quique Domínguez non se fia do seu próximo rival, esa e que mellorou a súa imaxe e nivel de xogo tras o cambio de adestrador.
"El mayor error que podemos cometer es fijarnos en la clasificación y ver cómo ha empezado el Anaitasuna", sinala o técnico azul, que asegura "vamos necesitar nuestro mejor nivel" se queren superar o exame.
Da mesma opinión mostrouse na previa Arkaitz Piriz, sinalando como unha das claves o apoio do público porque "todo lo que sea sumar es importante y la afición suma mucho".
Quique Domínguez, que ve o partido como "muy importante para nosotros porque hay que volver a sumar", recupera para a causa a David Chapela, que segue con algo de dor pero recuperouse das molestias no ombreiro que lle impediron viaxar a Barcelona.
Os árbitros do encontro serán os castelán-leoneses Merino Mori e Moyano Prieto.