Complicada situación para o Setga Monte Porreiro ao perder contra un rival directo pola permanencia
Por Redacción
Era un partido importante, ante un rival directo na loita pola permanencia en División de Honra, pero encaixaron unha nova derrota.
O Setga Monte Porreiro complica a súa traxectoria en liga despois de perder na casa ante o Club San Xoán de Ferrol nun intenso encontro (4-2), no que cinco partidos chegaron ao desempate.
Os dous puntos logrados polo equipo pontevedrés viñeron de man de Elísabet Cadilla, pero a súa irmá Vitoria Cadilla cedeu o seu partido por 3-2 e Noelia Santiago perdeu 3-2 e 3-1.
A derrota, quinta noutras tantas xornadas disputadas, deixa ao Monte Porreiro en posicións de descenso con cero puntos, polo momento a só dous da zona de salvación que marca o seu rival na última xornada, o Club San Xoán.