Skye Rees substituirá a Rosinha Duarte no Arxil
Por Redacción
Xa hai substituta para Rosinha Duarte. A directiva do Arxil moveuse rápido e, apenas un día despois de anunciar a baixa da xogadora portuguesa, confirmou a fichaxe de Skye Janelle Rees, unha australiana de 26 anos que ten pasaporte holandés.
Formada na Universidade de Arkansas, xogou nas ligas australiana, inglesa e alemá. Precisamente desta última é de onde procede, xa que desde o inicio desta tempada militou no Girlove Panthers Osnabruck.
Segundo destaca Lino Vázquez, "é unha catro que pode xogar de cinco, con bo tiro exterior e bos movementos de cara ao aro". Ademais, sinala que é unha boa pasadora e caracterízase por saber xogar en equipo.
O equipo pontevedrés espera que esta nova incorporación "axúdenos a seguir crecendo".
Relacionadas:
-
Contundente triunfo do Arxil que esmaga (77-45) ao Badajoz
Por Redacción |
-
Yanique Gordon conduce á vitoria ao Arxil na pista do Adba Avilés (60-79)
Por Redacción |
-
Skye Rees debuta no Arxil nunha partido clave para distanciarse da zona baixa
Por Redacción |
-
Rosinha Duarte abandona a disciplina do Arxil
Por Redacción |