O Leis Marcón salva un punto en Guadalaxara (1-1)
Por Redacción
Nin a longa viaxe ata Guadalaxara impediu que o Leis Marcón realizase un notable partido na súa visita á cancha do Escolas Municipais Alover (1-1).
Nun partido tremendamente igualado, non foi ata a segunda metade cando chegaron os goles.
Primeiro adiantouse o Alover aos 33 minutos de xogo, o conxunto local ao aproveitar Elisa un roubo do seu equipo en media cancha.
Tras o tanto as xogadoras pontevedresas fixéronse co control do partido, conseguindo a recompensa coa igualada, aos 36 minutos, por medio de Anita.
Tiveron ocasións as de Edu para lograr o segundo, pero faltou acerto. Con este empate quedan na décima praza da Segunda División Feminina con 4 puntos.