Tomás Currás, gañador do XXI Open Cidade de Pontevedra de tenis
Por Redacción
Unha das grandes esperanzas do tenis galego, Tomás Currás, proclamouse o pasado domingo campión da vixésimo primeira edición do Open Ciidade de Pontevedra.
Aos seus quince anos derrotou na final a Miguel Casal por 6-3 e 6-4.
A semana de competición serviu para escenificar o relevo xeracional que encarna Currás, xa que este xogador, que adestra no Club Náutico de Vigo, superou en cuartos de final a outro ilustre do tenis autonómico, Roberto Rodríguez, actual campión absoluto de Galicia e principal favorito neste torneo.
Pola súa vitoria, Currás levou unha recompensa de 300 euros e 170 o subcampión. A dotación total da competición foi de 800 euros.
Tras 21 edicións disputadas, o Open Cidade de Pontevedra converteuse nun dos torneos máis prestixiosos do calendario tenístico galego, capaz de atraer ás principais raquetas da comunidade.