Contundente vitoria do Club Voleibol Pontevedra (3-0) ante o Zalaeta
Por Redacción
O Club Voleibol Pontevedra repúxose rápido da súa última derrota na Primeira División Autonómica. E iso que o desta fin de semana non era un encontro fácil.
Visitaba o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) o Zalaeta coruñés, un dos equipos máis complicados da categoría, pero as pontevedresas renderon a un gran nivel e derrotaron de forma clara ao seu rival por tres sets a cero.
Foi un partido, ademais, que o CV Pontevedra finiquitou pola vía rápida. Só necesitaron 54 minutos para impoñerse ás súas rivais.
En cada un dos parciais quedou clara a superioridade das locais, que gañaron por 25-14 o primeiro set, mentres que o segundo fixérono por 25-10 e o terceiro por 25-19.
Con esta vitoria, o Club Voleibol Pontevedra ascende ata a segunda praza. Suma cinco puntos, grazas ás súas dúas vitorias e unha única derrota.
O líder segue sendo o VoleyOurense, verdugo das pontevedresas a semana pasada e que continúa invicto.