A selección feminina de loitas olímpicas, de concentración en Pontevedra
Por Redacción
Desde o pasado 19 de outubro, a a selección feminina de loitas olímpicas protagonizan unha concentración nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Son, en total, 19 deportistas as que están convocadas a esta estadía, sete delas pertencentes a clubs galegos.
As deportistas galegas convocadas pola Federación Española para esta concentración son Carmen Salgado Ave e Lidia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra), Judit Varela, Iris Miguelez, Noelia Lalín e Nerea Pampín (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) e Sara Viéitez Mariño (Club de Loita San Ignacio).
Todas elas recibiron este venres a visita do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.
Ata o 24 de outubro permanecerán adestrando no centro pontevedrés preparación para torneos internacionais e para a tempada 2015-2016, realizando adestramentos específicos e utilizando o novo tatami recentemente instalado.
Ao cargo do grupo están o seleccionador nacional Francisco Barcia, a adestradora nacional Antonia Torres e os técnicos do Centro Nacional de Tecnificación de Pontevedra, Alexander Katchelaev e Marcos Miragalla.