O Arxil bate o seu récord esta tempada e contará con 18 equipos e unha escola de 'baby basket'
Por Redacción
Na tempada 2015-2016, o Arxil contará con 18 equipos federados. Nunca antes alcanzouse esta cifra tan asombrosa. Desde o club sinalan que estarán presentes este ano con dous equipos en cada unha das categorías, entre elas a senior, co conxunto de Liga Feminina 2 e o Mafari Café na Primeira Nacional.
Ademais, o club presume dos seus dous equipos junior, catro cadetes, tres infantís, catro de minibasket e tres de preminibasket. A eles súmase unha escola de baby basket, cunhas cincuenta xogadoras en idades de entre 5 e 7 anos.
É todo un récord histórico para un Arxil que a tempada pasada contaba con 16 equipos.
"Estamos orgullosos da nosa canteira e debemos traballar mellor, xa que temos que dar un salto de calidade na formación das nosas xogadoras e debemos ser autocríticos, xa que na análise de como estamos a traballar debe vir o salto de calidade", sinalou Lino Vázquez.
Todos estes equipos estarán dirixidos por un corpo técnico composto por Mayte Méndez, primeira adestradora do club, xunto a Milagros Sanmartín, Marita Janeiro, Lino Vázquez, Carlos Santiso, Juan Domínguez, José Freijeiro, Rosi Crespo, Ana Gómez, María Alonso, Nerea Corredera, Ani Estévez e María Martínez.
Relacionadas:
-
Unha proba de lume para o Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil só resiste dez minutos o poderío do Ensino Lugo (63-43)
Por Redacción |
-
Complicado desprazamento do Arxil que viaxa a Lugo para enfrontarse o Ensino
Por Redacción |
-
O torneo 3x3 do Arxil inunda de baloncesto a praza de España
Por Redacción & Diego Torrado |