O Arosa reforza a portería coa fichaxe de Javi Sánchez
Por Redacción
Os malos resultados do Arosa, que suma catro xornadas sen coñecer a vitoria, levaron aos responsables do club arlequinado a tentar buscar solucións e a primeira foi reforzar a portería coa fichaxe dun gardameta de garantías como é o andaluz Javi Sánchez.
A fichaxe de Javi Sánchez é tamén unha consecuencia dos problemas laborais e físicos que ten Jorge Pérez, que lle impiden estar a disposición do equipo en bastantes xornadas, o que deixaba a portería baixo a responsabilidade do mozo Lucas Gallego. Aínda que ambos continuarán ás ordes de Piscis, o técnico terá agora a oportunidade de contar cun substituto de garantías como é o meta cordobés.
Javi Sánchez xa estivo na Lomba o pasado domingo presenciando o partido fronte ao Negreira, e este luns adestrouse cos seus novos compañeiros. Trátase dun porteiro novo, pero con experiencia, que ten 25 anos, xogando no Ribadumia a pasada tempada, onde foi peza fundamental na boa campaña realizada polo cadro da Senra.
Despois de abandonar o Ribadumia fichou polo Lucena, localidade próxima á súa residencia cordobesa, pero os problemas económicos que atravesa o devandito club fixéronlle marcharse ao pouco de comezar a liga, polo que estaba sen equipo e non dubidou cando lle propuxeron volver a Galicia.
Javi Sánchez formouse nas categorías inferiores do Córdoba, chegando a debutar no seu filial. Ademais, xogou no CD Don Benito, CD Pozoblanco, Arandina CF, Caudal de Mieres, CD Ribadumia e Lucena CF.
Relacionadas:
-
O Arosa dá a baixa a Javi Sánchez tras a súa negativa para viaxar a Boiro
Por Redacción |
-
Vitoria balsámica do Arosa (2-1) sobre o Órdenes
Por Redacción |
-
O Arosa segue costa abaixo e non pasa do empate fronte ao Galicia Mugardos (1-1)
Por Redacción |
-
O Negreira sorprende un Arosa en horas baixas (2-2)
Por Redacción |
-
Duro correctivo do Silva a un Arosa irrecoñecible (3-0)
Por Redacción |
-
Arosa e Concello de Vilagarcía cítanse para o martes 13
Por Redacción |
-
Guerra entre o Arosa e o Concello pola cantina do Manuel Jiménez e a publicidade da Lomba
Por Redacción |