O Negreira sorprende un Arosa en horas baixas (2-2)
Por Redacción
Chegaba ao campo da Lomba un Negreira recentemente ascendido e con dúas derrotas consecutivas. Enfronte un Arosa necesitado de endereitar o rumbo tras os últimos resultados negativos (tres derrotas seguidas) que o levaron desde o máis alto da táboa ata a zona tépeda e lonxe do seu obxectivo de pelexar polo ascenso. Era a ocasión que necesitaban os de Piscis para facer as paces co seu público, pero non o conseguiron.
E iso que todo púxose a favor do cadro arlequinado cando Hugo Soto adiantaba aos seus na primeira metade (minuto 41). Pouco despois sería expulsado o técnico visitante, José Manuel Pose, descontento coa actuación arbitral. Pero tras o descanso, lonxe de asegurar o resultado, o Arousa viuse sorprendido por un Negreira ambicioso.
Dous goles de Iván García en apenas seis minutos (minutos 65 e 71) deron a volta ao marcador, levando o nerviosismo ao equipo e á bancada.
Con todo, os arosistas conseguirían empatar pronto por medio de Sylla (minuto 76), pero os seus intentos por facerse cos tres puntos estreláronse coa ordenada defensa do equipo coruñés.