O Poio Pescamar debuta na Copa Xunta o mércores 21 contra o Olivo FS
Por Redacción
Empeza a Copa Xunta para o Poio Pescamar. No sorteo que se celebrou en agosto, o equipo de Basanta quedou encadrado no grupo do seu rival por excelencia, o CD Burela.
Ademais no grupo B están o Leis Pontevedra e o Olivo FS.
Ás 'rojillas' tocaralles xogar dous partidos en casa e un fóra. Destes catro equipos só pasarán á seguinte fase os dous primeiros.
Tras poñerse de acordo coas datas, o primeiro encontro xa está fixado. Disputarase o vindeiro mércores día 21 ás nove da noite en Poio, contra o Olivo FS, que actualmente xoga en liga autonómica.