Fexdega vibra co inicio da fase final do Open Galicia World Padel Tour
Por Redacción
Superada a fase previa da competición na sede de Condesa Sport en Caldas de Reis, o Open Galicia do World Padel Tour iniciou este mércores a súa fase final, con algúns partidos en Caldas pero principalmente no que é o seu escenario principal, o recinto vilagarciano de Fexdega.
Cunhas bancadas polo momento pouco poboadas, pero que se esperan cheas durante as roldas finais, Vilagarcía comezou a gozar do mellor circuíto profesional de padel.
A grande sopresa dos dezaseisavos de final deuna o galego Borja Yribarren, que xunto á súa parella Juan Gisbert conseguiu vencer en tres mangas aos poderosos Gabi Reca e Seba Nerone (3-6, 6-1 e 7-6) para goce do público.
Avanzaron tamén a oitavos de final os principais favoritos do torneo, Fernando Belasteguín e Pablo Lima.
En canto ao resto da representación galega, Martín Sánchez e José Antonio García venceron no seu partido e Pablo Lijo e Francisco Gomes perderon contra Aday Santana e Willy Lahoz.
Relacionadas:
-
A Coruña arrebata a Vilagarcía a proba galega do World Padel Tour
Por Redacción |
-
Os favoritos non fallan na final do World Padel Tour disputada en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Alto ritmo na venda de entradas para o torneo do World Padel Tour
Por Redacción |
-
O World Padel Tour pon á venda as entradas para o torneo que se celebrará en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Vilagarcía e Caldas de Reis acollerán en outubro un torneo do World Padel Tour
Por Diego Espiño |