Alentejo, última parada na tempada de Lucía Vázquez
Por Redacción
Lucía Vázquez afronta o seu último reto da tempada, que non é outro que conseguir proclamarse campioa por segunda vez na súa carreira da Taça de Portugal na modalidade de BTT Cross Country Olímpico.
A ciclista de Vilaboa chega á localidade lusa de Alentejo, última cita do calendario, como líder da clasificación xeral con só un punto de vantaxe sobre a estoniana Maaris Meier.
As contas son claras, si a pontevedresa termina por diante de Meier, vencedora nas dúas últimas carreiras, será campioa.
Ademais de ser o desenlace da Taça de Portugal 2015, este evento reparte puntos para o ranking olímpico ao ser recoñecido de clase 2 pola Unión Ciclista Internacional (UCI).
Coa súa participación en Alentejo, Lucía Vázquez poñerá fin a unha tempada na que tamén se proclamou campioa do Open de España de BTT.