Unha ruta de BTT polo Monte Castrove do máis cervexeira
Por Redacción
A peña Os Bicivoadores organiza para o vindeiro domingo, día 11 de outubro, a V Ruta BTT Campelo-Monte Castrove.
Será a edición máis cervexeira do evento, ao estar incluído dentro da programación do Oktober Festival da Asociación Deportiva Cultural de Campelo.
A partir das 9:00 horas, os preto de 300 deportistas que espera a organización comezarán a ruta saíndo desde a Praza da Granxa para afrontar 40 quilómetros que pasará pola Caeira, Campañó, A Escusa e O Castrove.
A proba non é federada nin competitiva, con dificultade física alta e dificultade técnica media.
As inscripciones poden formalizarse na web www.bicivoadoresbtt.es ata última hora do xoves a un prezo de 5 euros ou de 9 con opción a unha ración de comida.
Os Bicivoadores homenaxeará ademais a un dos deportistas con máis proxección do municipio, o taekwondista Unai Silva, que será o encargado de cortar a cinta de inicio da ruta.