Santo Tomé de Piñeiro quenta motores para a sexta edición da Pinga-Pinga
Por Diego Espiño
O vindeiro sábado 10 de outubro Santo Tomé de Piñeiro volverá inundarse de atletas afeccionados coa disputa de VI Carreira Pinga-Pinga.
A cita, que coincide un ano máis coa Festa da Sidra, márcase os obxectivos de "consolidar la prueba en el calendario de carreras de Galicia, dar a conocer la zona y hacer partícipe a todo el mundo", sinalou na presentación o presidente do Club Deportivo Pinarium, Diego González.
O campo de fútbol de Santo Tomé será o punto de saída e chegada da carreira, que na súa categoría absoluta constará de tres voltas a un percorrido de 8 quilómetros "rompepiernas", segundo definiu o concelleiro Antonio Traba.
A categoría absoluta dará a saída ás 17:00 horas, pero desde as 16:10 disputaranse tamén carreiras nas categorías de menores.
Antes da carreira homenaxearase á piragüista olímpica Teresa Portela, medallista no último Campionato do Mundo.
As inscricións poden formalizarse ata o xoves 7 de outubro na páxina web www.cronotec.es a un prezo para os adultos de 4 euros ata o 4 de outubro e de 6 euros a partir desa data.