O Arxil aínda confía na salvación a pesar de concluír a primeira volta sen coñecer a vitoria
Por Alejandro Espiño
Que non está sendo unha boa tempada para o Arxil está fóra de toda dúbida. Acaba de concluír a primeira volta da competición na Liga Feminina 2 e o equipo de Mayte Méndez aínda non coñece a vitoria. 10 partidos xogados e 10 derrotas, algunhas francamente dolorosas. Pero as pontevedresas non arroxan a toalla. Cren que a salvación aínda é posible e a iso dedicaranse en corpo e alma.
A permanencia na Liga Feminina 2 está, actualmente, a tres vitorias. ÿ a barreira que marca o equipo asturiano do ADBA. Con catro triunfos sitúanse Universidad de Valladolid, Pabellón Ourense, Universidad de Oviedo e Celta Selmark. "ÿ algo complicado, pero non imposible", afirma Lino Sanmartín, coordinador do equipo pontevedrés.
Aínda así, asegura entender que sexan moitos os que pensen que "se un equipo non é capaz de gañar na primeira volta como vai gañar polo menos cinco veces na segunda". Pero Sanmartín veo factible porque "traballamos moi duro durante toda a tempada e o equipo que temos agora é moi diferente desde Oviedo", o último partido no que o Arxil, segundo recoñece, "non deu a talla".
"Empézanse a ver os minutos de entrega, de sacrificio nalgunhas xogadoras e agora tócanos ter un pouco de sorte", explica Lino Sanmartín, que evoca os bos partidos do Arxil fronte ao Pabellón Ourense, Celta Sermak ou o máis recente, contra o Al-Qazeres, o segundo clasificado, "no que perdemos de sete puntos, pero fomos gañando durante 37 minutos, foi unha pena".
En todo caso, os responsables do equipo pontevedreses aseguran que non se plantexan un número determinado de vitorias, "senón que a afección salga contenta de ver ao equipo, que as xogadoras sigan pelexando e dándoo todo". Neste sentido, Sanmartín lamenta os notables esforzos de deben facer para xogar. "Cando fomos a Cáceres levantámonos ás catro da mañá, collemos un autobús, chegamos, comemos, descansamos unha hora e media e á cancha. Démolo todo. Iso é digno de admiración"
"Por iso estou convencido que as cousas téñennos que empezar a saír ben e que esta entrega e dedicación a unhas cores vai ter a súa recompensa", explica o técnico pontevedrés. En todo caso, recoñecen que o calendario será complicado. O próximo partido será o derbi contra o Cortegada, líder invicto da categoría. Iso si, avisan ás arousanas "nós queremos gañar o noso primeiro partido e dános igual que sexa o líder".