Segunda victoria consecutiva do Sanxenxo e novo triunfo do Villalonga para seguir líder na Preferente
Por Redacción
Non hai quen pare ao Villalonga ata o momento no grupo sur da Preferente Galicia. Os celestes volveron a gañar, e van seis, para seguir en solitario á fronte da clasificación.
Nesta ocasión golearon a domicilio ao Monterrey (1-4) nun partido que se puxo moi pronto de face con dous goles de Diego Blanco. Pese a que os locais recortaron distancias antes do descanso, Pablo Porta e Javi Pazos sentenciaron no segundo acto.
Á segunda posición da táboa, con 13 puntos, ascende o Céltiga tras derrotar no Salvador Otero ao Cultural Areas (4-2).
Os insulares chegaron a mandar por catro tantos, obra de Álex Cubas, Diego, Borja Janeiro e Ramón, pero relaxáronse nos minutos finais.
O que parece coller ao fin o ton da categoría é o Xuventú Sanxenxo tras lograr a súa terceira vitoria do curso, segunda consecutiva, ao vencer a domicilio ao Alertanavia (1-2).
Un gol de Suso Vidal no minuto 73 resultou decisivo despois de que os locais neutralizasen o tanto inicial de Jonatan. Os amarelos ascenden á novena praza con nove puntos.
Cos mesmo puntos quédase o Unión Grove, decimotercero, tras perder o seu partido en casa ante o Ourense CF froito dun gol de Bruno Villar aos tres minutos de xogo.