O Marcón asalta Baltar e vence con claridade ao Portonovo (0-2)
Por Redacción
Triunfo de moito valor para o Marcón Atlético no campo de Baltar, onde superou a un errático Portonovo (0-2).
Nun partido con poucas ocasións de gol e moi igualado no primeiro acto, dous goles de Berto no inicio da segunda metade decidiron o choque.
O dianteiro pontevedrés adiantou aos seus no 46 e repetiu catro minutos despois.
O cadro local tentou reaccionar, pero só levou perigo nos últimos intantes, cando xogaba en inferioridade numérica, cun Marcón que se defendeu con solidez para confirmar o triunfo.
Este resultado fai que os de Carlés suban ata a undécima praza con nove puntos, mentres o Portonovo cae á sexta con 10.