O taekwondo pontevedrés, a polo Campionato de España Júnior
Por Redacción
É o tramo final da tempada pero aínda restan importantes competicións para os taekwondistas pontevedreses.
Dez deles afrontan esta fin de semana, o sábado 26 de setembro, o Campionato de España Junior de Combate que se celebra en Alacante.
Todos eles viaxan á Comunidade Valenciana dentro do equipo formado pola Federación Galega para participar nunha competición que reúne a 274 deportistas
No pavillón Pitiu Ronchel estarán representantes o Mace Sport e o Taekanart pontevedreses e o Mat's de Marín.
Polo Mace Sport competirán Sara Cortegoso (-46), Uxía Ogea (-52), Jessica Blanco (-55), Artai Pazos (-51) e Javier González (-63), polo Taekanart farano Francisco Alexandre Acuña (-78), Daniel Otero (-59) e Nicolás Argibay (-59) e polo Mat's Cristina Otero (-42) e Rubén Troitiño (-73).
Relacionadas:
-
A taekwondista Sara Cortegoso xa está en Letonia para participar no Europeo júnior de combate
Por Redacción |
-
Mace Sport e Mat's regresan do nacional junior de taekwondo con catro medallas ao pescozo
Por Redacción |
-
Unai Silva, sen sorte no Mundial cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondo loce a súa mellor cara nunha concorrida exhibición na Peregrina
Por Mónica Patxot |