O podio a un paso para o Galaico na Copa de España de Augas Abertas
Por Redacción
A falta dunha xornada para a súa conclusión, o Club Natación Galaico está protagnozando un papel destacado na primeira Copa de España de Augas Abertas.
Polo momento, os pontevedreses ocupan a cuarta praza da xeral de clubs e aspiran a pelexar polo podio o próximo 11 de outubro en Cartagena.
Os resultados do Galaico baséanse especialmente no bo rendiemiento de dous dos seus nadadores: Paula Goyanes e Iago Lorenzo.
Goyanes impúxose a pasada fin de semana na IV travesía a nado Faro de Maspalomas (Gran Canaria) malia as difíciles condicións do mar e o vento reinante, mentres Iago foi segundo na clasificación absoluta pero o primeiro nadador sen usar neopreno, requisito para puntuar na Copa de España.
Noutra das citas do calendario de augas abertas, a do Lago de Sanabria (Zamora) disputada a primeiros de mes, Paula repetiu vitoria e Iago foi segundo.