Un sensacional Marín Peixe Galego roza a proeza contra o Obradoiro (73-70) na Copa Galicia
Por Redacción
Nada se lle pode obxectar ao Marín Peixe Galego na súa participación na XXX Copa Galicia de baloncesto. Tras eliminar o Breogán de Lugo, a punto estivo de lograr a proeza ante o Obradoiro, equipo da liga ACB. Contra as cordas tiveron os marinenses aos composteláns, que despois de despregar un xogo moi irregular durante todo o partido de semifinais, só lograron impoñerse por un apertado 73-70.
Os pontevedreses plantaron cara aos de Moncho López desde o inicio do partido. Tras un primeiro cuarto moi igualado, que concluíu cunha mínima vantaxe para o Obradoiro (19-17), os de Marín fóronse de cinco puntos (22-27) ao pouco de iniciar o segundo parcial.
A pesar dos intentos do conxunto compostelán non lograban reaccionar e a terceira falta de Chagoyen enfadou ao seu técnico, que foi sancionado cunha técnica que fixo que o Marín Peixe Galego alcanzase o seu maior diferencia no partido, cun 29-39 aos 17 minutos de partido.
Con todo, o Obradoiro logrou finalmente maquillar o electrónico e irse ao descanso só tres puntos por baixo, 41-44.
Mediado o terceiro cuarto, os santiagueses puxéronse por diante (48-47) dos homes de Javi Llorente, moi castigados polas faltas persoais. Aínda así, lograron manter as distancias e nun período moi pobre, con apenas sete puntos para cada equipo, chegouse ao último cuarto con 48-51 no marcador.
A partir de aí, o Obradoiro mostrou a súa mellor versión, aínda que moi lonxe do nivel ao que afán render na máxima categoría do baloncesto español. Pero aos poucos, o cansazo foi tamén facendo madeixa nos marinenses que acabaron cedendo por tres puntos.
RIO NATURA MONBÚS OBRADOIRO (73): Pepe Pozas (11), Eimantas Bendzius (11), Tyler Haws (9), Angelo Caloiaro (11), Juanjo Triguero -cinco inicial-, Donnie McGrath (8), Artem Pustovyi (17), Santi Yusta (1), Fran Cárdenas (3) e Jesús Chagoyen (2).
MARÍN PEIXE GALEGO (70): Javonte Green (12), Gabe Rogers (21), Gregorio Adón (10), Antonio Pantín (10), Alejandro Navajas -cinco inicial-, Alexandre Fernández (2), Manu Ferreiro (6), Sánchez, Emilio Oubiña (7), Edmond Koyanoura (2) e Norman Rey.
Parciais: 19-17, 22-27, 7-7, 25-19
Árbitros: Daniel Pazos, Cristian Martín e Luis Estévez
Incidencias: Semifinais da XXX Copa Galicia de baloncesto, disputadas no Pazo dos Deportes Paco Paz (Ourense).