Villalonga e Portonovo seguen sen fallar e destácanse na cabeza na Preferente
Por Redacción
Seguen sen fallar despois de tres partidos Villalonga e Portonovo, que xunto ao Valladares son os únicos equipos que suman os seus encontros por vitoria na grupo sur de Preferente.
Os celestes impuxéronse a domicilio ao Xuventú Sanxenxo nun duelo de rivalidade que se decidiu no segundo tempo (1-3).
No primeiro acto Javi Pazos adiantou ao Villalonga e Richi empatou para os amarelos, pero tras o descanso o segundo tanto de Javi Pazos e outro de Jesús Figueira de penalti decidiron o choque.
Pola súa banda o Portonovo gañou con claridade no campo do Domaio con goles de Marcos Blanco, Otero e Daniel.
Sorte contraria foi a do Unión Grove, que caeu no seu campo pola mínima ante o Gondomar cun gol aos 22 minutos.
Ademais do Portonovo, que é líder, e o Villalonga, terceiro, o Céltiga marcha na cuarta posición, co Unión Grove décimo terceiro, o Marcón décimo cuarto e o Xuventú Sanxenxo décimo sexto.