Sylla rescata un punto para o Arosa (1-1) ante o Bergantiños
Por Redacción
Arosa e Bergantiños repartíronse os puntos na Lomba. Os de Oreiro adiantáronse aos 16 minutos grazas a un gol de Álex Pérez, e os de Piscis conseguirían empatar aos dez minutos da reanudación grazas a un tanto de Sylla.
Os arlequinados tiveron boas oportunidades para sacar os tres puntos. A máis clara nas botas de Hugo Soto pouco antes do descanso cando o porteiro visitante, Cristopher, sae mal, perde o balón e Hugo remata, pero o balón repéleo un defensa.
Non obstante, os visitantes tamén puideron levarse os tres puntos, e é que co 0-1 ao seu favor, o goleador Álex Pérez non foi capaz de definir no un para un ante Jorge Pérez.
Tras varias oportunidades para ambos os dous conxuntos, aos 16 minutos adiantábanse os visitantes cun bo gol de Álex Pérez, que lle gaña ás costas a Juanjo e bate por baixo a Jorge Pérez.
Co marcador a favor, os visitantes empezaron a durmir o partido con continuas perdas de tempo, mentres que o Arosa só ocasionaba perigo en accións a balón parado. Nunha delas, Aitor Díaz, cun remate pouco ortodoxo, estivo a punto de bater ao meta visitante, que sacou o balón na liña. Logo viría a ocasión de Hugo Soto que remata a porta baleira pero se encontra coa perna dun defensor.
Na reanudación Hugo volvería avisar pronto cun disparo cruzado que detén o meta azulón en dous tempos. Xusto antes do empate de Sylla, o Bergantiños tivo a ocasión de matar o partido nunha contra, pero Jorge Pérez evítao. Do posible 0-2 pasamos ao 1-1 grazas a un bo gol de Sylla, pichichi do Arosa nestas primeiras xornadas. Ambos os dous técnicos deron entrada a xogadores de refresco. Nos últimos minutos os visitantes apertaron pero o Arosa estivo moi fiable atrás.
Relacionadas:
-
Vitoria e liderado para o Arosa (0-2) no Barco
Por Redacción |
-
O Arosa remonta por dúas veces para rabuñar un valioso punto ao Deportivo B (2-2) en Abegondo
Por Redacción |
-
Un gol de Sylla dá os tres primeiros puntos ao Arosa (1-0) ante un bo Cerceda
Por Redacción |
-
O Arosa pecha a pretempada cunha derrota en Caldas (1-0)
Por Redacción |