O Cisne recibe ao Academia Octavio no XIX Memorial Manuel Luaces
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Academia Octavio de Liga Asobal será o rival do Club Cisne Balonmano na XIX edición do Memorial Manuel Luaces.
O partido, que se disputa este sábado (20:00 horas) no pabellón do Centro Galego de Tecnificación, pretende render homenaxe a unha das figuras que máis fixo pola entidade pontevedresa en toda a súa historia.
Manuel Luaces chegou a ser xogador, adestrador, directivo e ata médico do Cisne.