Organizan un partido solidario en Portonovo en favor do Banco de Alimentos
Por Redacción
O campo de Baltar, en Portonovo, será escenario o próximo domingo 6 de setembro dun partido de fútbol solidario en favor do Banco de Alimentos, que ten unha das súas bases na Telleira de Vilalonga.
Neste, que dará comezo ás 12:00 horas con entrada de balde, enfrontaranse os veteranos do Real Club Celta de Vigo cunha selección de futbolistas locais dos diferentes equipos de veteranos do municipio.
O club vigués comparecerá en Sanxenxo representado polos Gudelj, Ratkovic, Otero ou Villanueva e regalará para a causa varias equipacións oficiais asinadas polo primeiro equipo, que serán sorteadas entre os asistentes.
Os alimentos non perecedoiros que se entreguen en Baltar serán recollidos e catalogados no propio campo polos membros do Banco de Alimentos, organización á que tamén se entregará a recadación en metálico obtida coa venda de rifas.
Esta asociación sen ánimo de lucro achega comida a 44 asociacións da provinicia, que son as encargadas de facela chegase ás familias con problemas económicos ou en risco de exclusión social.
Con motivo deste evento, o alcalde Gonzalo Pita visitou o almacen do Banco de Alimentos na Telleira, dotado dunha cámara conxeladora e outra de frío para a consevación dos alimentos grazas a colaboracións de varias empresas, pero que aínda necesita unha furgoneta isotérmica que facilite o traslado de produtos frescos.