O Pontevedra Rugby Club inicia unha nova tempada
Por Redacción
Aínda faltan xogadores por incorporarse por vacacións ou a causa de compromisos laborais, pero o groso do equipo do Pontevedra Rugby Club prepara xa unha nova tempada, na que volverá competir na Liga Galega I.
Os xogadores sub-18 e sénior do PRC afrontan dende o pasado día 18 tres sesións de adestramento á semana de xeito conxunto.
Será mes e medio de preparación para chegar nas mellores condicións posibles ao inicio da competición oficial, nunha tempada na que volverá ser o equipo máis novo da categoría.
Os que aínda tardarán en volver á actividade, en setembro, son o equipo sub-16 e a escola deportiva.
Dende o Pontevedra Rugby Club afrontan con ilusión un novo curso, no que serán o terceiro club de Galicia en número de fichas, só superados por Vigo e Coruña, o que evidencia o traballo realizado durante os últimos anos.