Jacobo, única ausencia na volta ao traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño
A volta ao traballo do Pontevedra tras o debut ligueiro trouxo unha mala noticia para Luisito cos problemas físicos de Jacobo.
O centrocampista de Bueu rematou o choque ante o Guijuelo tocado e este luns adestrouse á marxe debido a un golpe e torcedura no seu nocello esquerdo.
Malia iso o futbolista confía en estar dispoñible para o partido do próximo domingo en Cáceres, encontro que o Cacereño fixou finalmente ás 18:30 horas.
Tamén estarán dispoñibles Borjas tras cumprir a súa sanción e Anxo, que completou a bo ritmo o adestramento e con boas sensacións deixando atrás os problemas que arrastrou durante toda a pretempada, polo que podería volver a unha convocatoria se Luisito o considera oportuno.
A baixa segura do próximo domingo será a de Capi, expulsado ante o Guijuelo.
Por outro lado Jandrín tívose que retirar prematuramente da sesión con molestias nas costas que non deberían impedirlle estar en plenas condicións o mércores, tras a xornada de descanso programada para este martes.
O xogador asturiano, que pasado domingo debutou en partido oficial cos granates, recoñeceu malia a derrota estar contento porque "las sensaciones fueron positivas a nivel individual y también a nivel de equipo".
Poe é motivo apuntou a "seguir en esa línea porque si jugamos como el domingo pocos partidos se nos van a escapar" sinalou ao finalizar a sesión.