Tono Campos únese á festa de Teresa Portela cunha prata mundial no C-1 5.000 metros
Por Redacción
As medallas chegaron na última xornada do Campionato do Mundo de Piragüismo de Milán.
O grovense Tono Campos logrou o mellor resultado da expedición española cunha medalla de prata na proba de fondo de canoa, o C-1 5.000 metros. Campos saíu ben e mantívose sempre no grupo de favoritos, disputando ata os últimos metros a vitoria, que se levou Sebastian Brendel.
Tamén loitou nunha final de clase non olímpica o pontevedrés Adrián Sieiro, que foi finalmente sexto no C-1 500 metros.
A segunda medalla chegou para a flamante olímpica Teresa Portela, e é que a canguesa redondeou o seu papel do sábado cun bronce no K-1 200.
Tamén lograron o billete olímpico os galegos Óscar Carrera e Rodrigo Germade ao ser sextos co K-4 1.000 metros español na final.
Por último outra opción de medalla foi a do padexeiro de Tomiño Roi Rodríguez, que rematou cuarto na modalidade de K-1 500 metros.
Relacionadas:
-
Adrián Sieiro, a pola súa primeira medalla internacional no Europeo júnior e sub23 de piragüismo
Por Redacción |
-
Boa xornada para o piragüismo galego en Milán, onde brilla Teresa Portela
Por Redacción |
-
Rubén Millán e Gabriel Pavón, únicos galegos que pasan á final na primeira xornada do Mundial de Milán
Por Redacción |
-
O soño olímpico do piragüismo pontevedrés, en xogo no Mundial de Milán
Por Diego Espiño |