Boa xornada para o piragüismo galego en Milán, onde brilla Teresa Portela
Por Redacción
A xornada de sábado para o piagüismo galego no Campionato do Mundo de Milán tivo un nome propio, o da canguesa Teresa Portela, que certificou a clasificación para os que será os seus quintos Xogos Olímpicos ao meterse na final do K-1 200 metros.
Portela impúxose na súa quenda de semifinais demostrado o bo momento de forma que atravesa os seus 34 anos.
Non tiveron ese acerto Diego Romero e Tono Campos no C-2 1.000 metros, ao ser cuartos na súa serie e quedar relagados na final B.
Precisamente na final B destacou este sábado o pontevedrés Adrian Sieiro xunto ao seu compañeiro José Luis Bouza no C-2 500 metros, sendo primeiros. Sieiro pelexará ademais polas medallas no C-1 500 metros tras meterse na final do domingo.
En canto ao resto de galegos Rubén Millán e Gabriel Pavón (Kayak Tudense) foron novenos na final de K-2 200 metros, quedando ás portas de lograr a clasificación olímpica.
Pola súa banda Óscar Carrera e Rodrigo Germade avanzaron á final dentro do K-4 1.000 metros. Tamén terá opción de medalla o domingo Roi Rodríguez (Kayak Tudense) no K-1 500 metros.
Relacionadas:
-
Adrián Sieiro, a pola súa primeira medalla internacional no Europeo júnior e sub23 de piragüismo
Por Redacción |
-
Tono Campos únese á festa de Teresa Portela cunha prata mundial no C-1 5.000 metros
Por Redacción |
-
Rubén Millán e Gabriel Pavón, únicos galegos que pasan á final na primeira xornada do Mundial de Milán
Por Redacción |
-
O soño olímpico do piragüismo pontevedrés, en xogo no Mundial de Milán
Por Diego Espiño |
-
Álex Bernárdez e Adrián Sieiro fíxanse novos obxectivos internacionais
Por Diego Espiño |