"Seguimos crecendo grazas a ti", mensaxe do Cisne aos seus seguidores coa nova campaña de socios
Por Diego Espiño
"Queremos aprovechar el salto de calidad que da el equipo con el ascenso para captar a la gente". Son verbas de Pepe Camiña, xogador do Cisne e ademais creador da nova campaña de socios xunto a Montse Fernández.
Con ese ánimo, e mirando sempre cara ao espírito de base e "de familia" sae á luz unha campaña que leva como lema 'Seguimos crecendo grazas a ti'.
O Cisne afronta con ilusión o reto e o esforzo económico que supón competir na División de Honra Prata e faino buscando o apoio "de toda esa gente que a los largo de estos 51 años ha pertenecido al club" explicou o seu presidente, Santiago Picallo.
Por ese motivo habilitáronse varias modalidades de carné, dende os 60 euros para o individual adulto, pasando polo familiar (catro ou máis persoas) por 50 euros, o universitario por 30 e o júnior por 10.
Ademais créase este ano a figura de simpatizante, que por un prezo de 10 euros "con los que poder colaborar con el club" terán dereito á entrada para dous dos partidos do campionato.
As persoas interesadas en retirar o carné de socio do Cisne poden facelo a través da web do club www.clubcisne.es ou de luns a venres a partir das 20:00 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Relacionadas:
-
O Cisne sae á rúa na busca de apoios
Por Redacción |
-
O Octavio toma a revancha e vence o Cisne no segundo partido de pretempada (21-26)
Por Redacción |
-
O Cisne convence na súa estrea vencendo ao Academia Octavio (20-21)
Por Redacción |
-
O Cisne ficha a Guillermo Rial e dá por pechado o plantel
Por Redacción |
-
Cisne e Balonmán Pontevedra negocian un acordo de filialidade
Por Diego Espiño |
-
Alcobendas na casa, primeiro compromiso ligueiro do Cisne en División de Honra Prata
Por Redacción |