Vitoria do Villalonga (2-4) sobre o Arosa en Corón
Por Redacción
Vitoria do Villalonga sobre o Arosa no campo de Monterredondo, en Corón, no penúltimo partido de pretempada dos de Piscis, que se viron superados na segunda parte polos homes de Antonio Fernández.
A primeira metade transcorreu sen apenas ocasións de perigo, ata que na última xogada antes do descanso os celestes conseguían adiantarse nun remate dentro da área pequena, protestado polos arlequinados por posible fóra de xogo. O Arosa fora lixeiramente superior, pero só se achegou á meta rival nun remate de cabeza de Sylla
Na reanudación Eloy Fariña marcaba o empate tras un gran pase de Camiño, cando aínda non levaba nin un minuto do segundo tempo. O segundo do Villalonga chegou nunha acción a balón parado dende a banda dereita.
Co marcador de novo en contra o Arosa envorcouse en ataque, permitindo as contras do Villalonga, que ampliaría a renda con dous goles máis. O Arosa reduciu distancias no marcador no minuto 90 grazas a un gol do madrileño Alberto Cabanyes.
Relacionadas:
-
O Arosa remonta por dúas veces para rabuñar un valioso punto ao Deportivo B (2-2) en Abegondo
Por Redacción |
-
Un gol de Sylla dá os tres primeiros puntos ao Arosa (1-0) ante un bo Cerceda
Por Redacción |
-
O Arosa pecha a pretempada cunha derrota en Caldas (1-0)
Por Redacción |
-
A recadación do amigable entre Villalonga e Pontevedra, a beneficio de Down Xuntos
Por Redacción |
-
Cabanyes convence a Piscis e asina por unha tempada co Arosa
Por Redacción |
-
Golpe de moral para o Arosa no triangular de Ribeira
Por Redacción |