Ana Martín e Sandra Entenza renovan o seu compromiso co Arxil
Por Redacción
A menos dun mes do inicio da pretempada, que arrancará o 31 de agosto, o Arxil confirmou dúas importantes renovacións.
Trátase da capitá Ana Martín e de Sandra Entenza, dúas xogadoras xa veteranas dentro do equipo adestrado por Mayte Méndez.
No caso de Martín, a aleiro sumará a súa décimo quinta tempada no club pontevedrés e podería converterse na xogadora con máis partidos na historia da entidade.
Ana Martín e Sandra Entenza únense así a Carla Fernández, María Lago, María Centeno, Ana Román e á única fichaxe polo momento, a portuguesa Rosinha Rosario, na lista de xogadoras confirmadas para a próxima tempada.
O Arxil espera anunciar nos próximos días máis renovacións, así como unha segunda fichaxe que reforce o xogo interior do equipo.
Relacionadas:
-
A xamaicana Yanique Gordon é a pívot elixida polo Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil renova a todo o seu corpo técnico
Por Redacción |
-
Arxil e Cortegada empezarán con derbi a Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
A portuguesa Rosinha Rosario, primeiro reforzo para o Arxil
Por Redacción |
-
Carla Fernández, cuarta renovación no Arxil para a próxima tempada
Por Redacción |