O Galaico Pontevedra busca novos waterpolistas
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra busca novos xogadores para os seus sete equipos, desde benxamíns aos absolutos masculino e feminino, que lle axuden a seguir crecendo ano a ano.
Durante o mes de xaneiro todos os mozos e mozas maiores de 8 anos terán a oportunidade de probar un dos deportes, segundo os técnicos do clube, "máis completo e divertido".
Para formar parte dos equipos alevín ou benxamín o único requisito é saber nadar crol e costas. En infantís, cadetes, xuvenís ou no equipo absoluto feminino farase unha proba para comprobar o nivel de natación, xa que é necesario nadar ben para poder adquirir os coñecementos básicos do waterpolo. Pola contra, ao equipo absoluto masculino só poderán acceder xogadores que practicasen waterpolo con anterioridade.
Todos os interesados en formar parte do Waterpolo Galaico deberán poñerse en contacto coa dirección técnica do clube a través do teléfono 619707810 ou no correo electrónico waterpolo@cngalaico.com.