O Campionato de España xuvenil, reto para un ambicioso Waterpolo Galaico
Por Redacción
O equipo xuvenil do Waterpolo Galaico afronta con ilusión esta fin de semana a súa participación no Campionato de España de Segunda Categoría.
Os pontevedreses desprázanse ás Palmas de Gran Canaria co obxectivo de acabar entre os oito primeiros pero cun ollo posto en gañarse unha praza para a fase final, que se disputa en Barcelona a finais de xullo, para o que é necesario terminar entre os dous primeiros.
En Canarias o Galaico medirase a outros 11 equipos nunha competición que comeza o venres 2 de xullo e conclúe o domingo 5.
Os rivais do conxunto pontevedrés na primeira fase serán CW Castelló e Gymnápolis Soller de Baleares, clasificándose para as eliminatorias os dous primeiros do grupo.
A convocatoria do Waterpolo Galaico compóñena: Raúl Viceiro, Juanjo Roca, Iago Facal, Luis Mosquera, Mauro Rivas, Héctor Velasco, Aarón Tellería, Xoán González, Artai Poses, Jacobo Baltasar e Rubén Rodríguez, xunto aos técnicos Javi de Sáa e Juan Rodríguez.