El Squash Pontevedra regresa de Tenerife con el título nacional por equipos en categoría femenina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Era o único título nacional que faltaba nas vitrinas do club e conseguiron regresar de Tenerife con el baixo o brazo.
O equipo feminino do Squash Pontevedra proclamouse en Santa Cruz campión de España de clubs nunha cita que reuniu a 25 equipos de toda a xeografía nacional.
A formación composta por Xisela Aranda, Iría Rodríguez, Sabela Rebollo e Marina de Juan protagonizó un excelente torneo, desenvolvido a través dunha liguiña na que non cederon un só set.
En categoría masculina a representación do Squash Pontevedra se quedou ao bordo do podio cunha cuarta praza final.
Sergio Fernández, Juan Simal, Diego Crespo, Jorge González e Miguel Novegil alcanzaron as semifinais do torneo pero perderon ante o grande favorito, téndose que conformar coa cuarta posición ao ter peor tenteo nos catro partidos disputados.