Exitoso peche de competición no Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica
Por Diego Torrado
Satisfacción entre a organización do Campionato de España de Clubs e Autonomías de Ximnasia Rítmica polo desenvolvemento dos tres días de competición.
O Recinto Feiral acolleu durante a fin de semana un campionato que, baixo a organicación do Club Treboada, congregou a elite nacional deste deporte.
Ademais da competición oficial os asistentes puideron gozar o sábado de dúas exhibicións a cargo de Sara Llana, integrante da Selección Nacional Sénior Individual, e Carolina Rodríguez, dúas veces olímpica, dez veces campioa de España absoluta e décima do ranking mundial.
En canto aos resultados, tras as finais do domingo Andalucía revelouse como mellor comunidade autónoma.
Por categorías Andalucía gañou na benxamín, con Galicia segunda, e a alevín, mentres en infantil a mellor foi Valencia e en júnior e sénior Castela León.
Por equipos Rítmica San Fernando foi o mellor conxunto benxamín, Gym Pal A foi o mellor en categoría alevín, Maibe 1 en infantil, Sakoneta en júnior e Ritmo A foi o mellor en categoría sénior.
Unha vez pechada a primeira gran cita coa ximnasia rítmica, Pontevedra prepárase xa para acoller esta mesma semana o Campionato de España Individual.
Relacionadas:
-
A ximnasia rítmica, protagonista en Pontevedra cun exitoso Nacional individual
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Vibrante inicio de competición no Campionato de España Individual de rítmica
Por Diego Torrado |
-
Sen apenas descanso chega a Pontevedra a segunda gran cita coa ximnasia rítmica nacional
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra empápase do ambiente da mellor ximnasia rítmica nacional
Por Mónica Patxot |
-
O Recinto Feiral, a punto para recibir os campionatos de España de ximnasia rítmica
Por Redacción |
-
A alta participación prevista obriga a ampliar un día de competición no Nacional de Ximnasia Rítmica
Por Redacción |