Vibrante inicio de competición no Campionato de España Individual de rítmica
Por Diego Torrado
Era a xornada máis curta pero non defraudou. O Campionato de España Individual de Ximnasia Rítmica arrancou na tarde do xoves no Recinto Feiral de Pontevedra envolvido nun grande ambiente de competición.
Entre as participantes moitos dos ánimos foron para a deportista local Zoe Santos, do Club Treboada, que presentou o seu exercicio de pelota na categoría sénior cunha notable posta en escena que non obstante non foi sufiente para entrar na final.
Zoe, que declarou estar "contenta por mostrar un exercicio de pelota sen fallos" volverá saltar ao tapiz principal, ao igual que o resto de ximnastas, ao longo dos próximos días nun programa intensivo que comeza cada día ás 8:30 horas.
Ademais o sábado entrarán en escena a ximnastas da categoría de honra, como a número un do ranking nacional Carolina Rodríguez, que tras os seus adestramentos en Pontevedra recoñeceu "vivir este campionato con máis intensidade que nunca" no seu obxectivo de achegarse á clasificación para Río 2016.
As finais de todas as categorías están programadas para a mañá do domingo nunha xornada que arrancará tamén ás 8:30 horas e se prolongará ata aproximadamente as 15:00 horas.
Relacionadas:
-
A ximnasia rítmica, protagonista en Pontevedra cun exitoso Nacional individual
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Sen apenas descanso chega a Pontevedra a segunda gran cita coa ximnasia rítmica nacional
Por Diego Espiño |
-
Exitoso peche de competición no Campionato de España de Clubs de Ximnasia Rítmica
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra empápase do ambiente da mellor ximnasia rítmica nacional
Por Mónica Patxot |