Case 80 deportistas representarán a Pontevedra nos Xogos do Eixo Atlántico
Por Mónica Patxot
O Teatro Principal acolleu este venres unha recepción oficial aos deportistas que representarán á cidade de Pontevedra na XI edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se disputarán nas localidades portuguesas de Matosinhos, Porto e Vila Nova de Gaia entre os días 5 e 10 de xullo.
En total, serán 78 os nenos e nenas que vestirán os colores de Pontevedra neste evento deportivo.
Os deportes nos que participará a delegación pontevedresa son fútbol 7 masculino, baloncesto feminino e masculino, balonmán masculino, voleibol feminino, atletismo feminino e masculino e atletismo adaptado feminino e masculino
Xunto aos deportistas -60 para competir en deportes colectivos e 18 para deportes individuais-, viaxarán a Portugal dous coordinadores municipais, 16 técnicos e dous fisioterapeutas.
Relacionadas:
-
Ouro para o baloncesto feminino de Pontevedra no último día dos Xogos do Eixo Atlántico
Por Redacción |
-
Os deportistas pontevedreses brillan no ecuador dos Xogos do Eixo Atlántico
Por Redacción |
-
Inaugurados en Porto os Xogos do Eixo Atlántico nos que participan 78 deportistas de Pontevedra
Por Redacción |