O waterpolo cadete galego cítase en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Por primeira vez todos os clubs de Galicia participarán no Campionato Galego de Waterpolo Cadete, que se celebra o vindeiro sábado 27 de xuño na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Será oito os equipos en competición (Galaico e RCN Vigo presentan dous equipos cada un) nunha xornada que comenzará ás 9:45 horas e finalizará trala gran final prevista para as 19:50 horas.
A cita servirá ademais de preparación para o Waterpolo Galaico de cara ao Campionato de España que afrontará o próximo mes en Valencia, segundo explicou o responsable técnico do club Javi de Sáa.
Ademais de Galaico e RCN Vigo, participarán o CW Santiago, CN Coruña, Asociación Coruñesa Waterpolo e Marina Ferrol.
O campionato disputarase en sistema de eliminatorias dende a rolda de cuartos de final.