Xornadas de diversión e fútbol base na Seca e A Reiboa
Por Diego Torrado
Os campos municipais da Reiboa e A Seca empápanse co ambiente do deporte máis san, o de base, coa disputa do XII Torneo de Fútbol-8 Juan López Concello de Poio.
Case medio centenar do equipos de clubs da bisbarra participan nun torneo ideado para as categorías benxamín e alevín e formulado como unhas xornadas de diversión para os máis pequenos, que entre outras actividades puideron gozar dunha festa da escuma en cada un dos dous días.
Durante o sábado os máis pequenos, os benxamíns, saltaron a escena, participando no trofeo: Villa de Marín, Pontecaldelas, Portero 2000 B, Salgueiriños D, Caldas, Marcón, Sagrado Corazón C, Salgueiriños, Marín, Salcedo, Monteporreiro, Sagrado Corazón, Portero 2000, Soutomaior, Salgueiriños B, Escolas Deportivas Poio C, Sagrado Corazón B, Ribadumia, SEK Atlántico, Escolas Deportivas Poio B, Salgueiriños C, Moañesa, Cobres, Armenteira e Escolas Deportivas Poio.
Pola súa banda o domingo 7 é quenda para os alevíns coa presenza de: Moañesa, Pontecaldelas, Escolas Deportivas Poio C, Salgueiriños D, Cobres, Salcedo, Portero 2000 B, Sagrado Corazón B, Escolas Deportivas Poio, SEK Atlántico, Marín, Salgueiriños B, Monteporreiro, Cobres B, Soutomaior, Caldas, Salgueiriños, Sagrado Corazón, Ribadumia, Caldas B, Poio B, Portero 2000, Villalonga, Salgueiriños C e Sagrado Corazón C.