Volve o 3x3 na rúa do Arxil con máis forza que nunca
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O próximo mércores 3 de xuño a Avenida Monteiro Ríos de Pontevedra volverá inundarse de baloncesto co torneo 3x3 na rúa organizado polo Arxil.
Será a décimo cuarta edición do torneo, que se formula como unha xornada de promoción da práctica deportiva entre os máis pequenos.
A intención do club verde é poder superar a cifra de 1.200 escolares que participaron no 3x3 o pasado ano.
Confirmaron a súa presenza: Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Froebel, Barcelos, Campolongo, Carballal Marín, Manuel Vidal Portela, Álvarez Limeses, Amfiv e Asociación Virgen de la O.
A intención do Arxil é instalar en Monteiro Ríos 30 canastras nas que os escolares xogarán unha media de cinco partidos.