Pontevedra e Deputación asinan o convenio de patrocinio para o presente ano
Por Diego Espiño
A Deputación de Pontevedra manterase durante 2015 como patrocinador principal do Pontevedra Club de Fútbol en virtude do convenio asinado este martes na sede da institución provinicial.
O acordo recolle unha aportación económica de 160.000 euros para figurar na camiseta granate, cantidade que se une á subvención que a Deputación achega a todos os clubs de Terceira División para facer un total de "case 180.000 euros", sinalou Rafael Louzán.
O presidente provincial en funcións xustificou esta decisión aludindo que "era necesario para salvar a unha entidade histórica".
Esa axuda foi recoñecida tamén pola presidenta do club granate, Lupe Murillo, asegurando que "si la Deputación de Pontevedra no hubiesen apoyado de la manera que lo hizo al Pontevedra Club de Fútbol, el Pontevedra problamente hoy en día no existiría".
Murillo, consciente ademais da posible saída de Louzán de la Deputación, desexou "que desde la Federación Galega sigas apoyando al Pontevedra como creo que has hecho hasta ahora. Ojalá otros hubiesen cumplido", sentenciou a dirixente.
A comparecencia arrancou ademais cos ánimos do presidente provincial ao equipo granate ante o partido de volta do play-off de ascenso ante o Mensaxeiro.
Relacionadas:
-
As presidentas de Pontevedra CF e Deputación 'fanse a pelota'
Por Diego Espiño |
-
Pedro García: "En el verde pondremos todo, pero el primer gol que lo meta nuestra afición"
Por Diego Espiño |
-
Continúa a bo ritmo a venda de entradas para o partido ante o Mensajero
Por Diego Espiño |
-
Bruno, descartado para a volta ante o Mensajero ao sufrir unha lesión muscular
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra presenta os prezos para o partido ante o Mensajero esperando "que la ciudad responda"
Por Diego Espiño |