![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0c3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/55563952dc-volta-a-provincia-ganador-primeira-etapa.jpg)
© Deputación da Coruña
Triunfo e liderado para Pedro Merino na primeira etapa da Volta a Coruña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Con bo pé arrancou o Grupo Deportivo Supermercados Froiz no que sempre é un dos seus obxectivos da tempada, a Volta Ciclista á Provinicia da Coruña.
A proba deportiva, que chega este ano á súa décimo cuarta edición, arrancou este venres en Monfero cunha etapa en liña de 132 quilómetros na que se impuxo Pedro Merino.
Tras a saída lanzada, un grupo de 20 ciclistas aproveitou a primeira ascensión do día para formar escapada, non obstante o pelotón non permitiu a fuga cunha rápida persecución que chegou a causar algún abano e que concluíu coa neutralización no quilómetro 54.
Unha aventura en solitario de Zuazubiskar chegou a ter máis adiante case dous minutos de vantaxe, pero todo se decidiría na ascensión final ao Alto de Taboada, a 20 quilómetros de meta, ao que se chegou en pelotón.
Foi o momento escollido por Pedro Merino para o ataque decisivo. O ciclista do Froiz marchou en solitario e só Fernando Barceló (Fundación Contador) foi quen de alcanzalo para xogarse o triunfo ao sprint, no que foi máis rápido Meirino.
O deportista do equipo alimenticio converteuse ademais no primeiro líder da xeral, maillot que deberá defender nas outras dúas etapas da Volta, en Mañón e Valdoviño.