![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f3c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5551f585c1-_mg_1275.jpg)
© Deputación de Pontevedra
240 nadadoras para o X Trofeo Deputación de Natación Sincronizada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Escola Naval de Marín será escenario o próximo sábado, 16 de maio, do X Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Sincronizada.
En total será oito os clubs galegos presentes nunha cita que reunirá 240 deportistas.
Os clubs incritos son: Club Galaico Sincro, Club Natación Sincro Pontevedra, Club Sincro Coruña, Club Sincro Aguamarina, Club Sincro Obradoiro, Club Acuatic Oleiros, Club Sincro Rías Baixas-Vigo e Real Club Naútico de Vigo.
A competición, que servirá de preparación para o Campionato Galego, desenvolverase en dobre sesión dende as 12:15 horas pola mañá e dende as 17:30 horas pola tarde.
O Trofeo Deputación, presentado este martes no Pazo Provincial, disputarase nas categorías de rutinas de equipo e combinada de base I, II, III e IV.