Xuventú Sanxenxo perde a categoría tras caer (2-1) en Barbadás
Por Redacción
O que parecía imposible na primeira volta da competición consumouse en Barbadás coa derrota e o descenso do Xuventú de Sanxenxo, tras unha nefasta segunda volta que manda aos amarelos de regreso á rexional preferente.
Os de Calucho necesitaban vencer e que non o fixese o Silva. Non se deu nin unha nin outra cousa. Os coruñeses gañaron, o que xa condenaba ao Sanxenxo, que tampouco puido gañar, malia intentalo fronte a un rival que xogaba coa tranquilidade dos deberes feitos.
Moisés Pereiro adiantaba aos seus na primeira parte. O Sanxenxo empataba na segunda por medio de Cuchi, pero de novo Moisés Pereiro, a falta de vinte minutos, facía diana rematando coas esperanzas do equipo de Calucho.
UD BARBADÁS (2): Berto; Jorge, Alfredo, Quintairos, Vieytes, Luis González (Nuno, min. 46), Arce (Nacho Currás, min. 46), De Dios, Hugo, Moisés Pereiro e Rafita (Sergio, min. 61).
XUVENTÚ SANXENXO (1): Vila; Ramón, Diego Peña, Emilio, Rubén, Pablo Lede, Mateo (Muradás, min. 76), Jonathan (Juan Caneda, min. 87), Cuchi, Guille e Hugo (Tinaia, min. 87).
Árbitro: Javier Pérez Prado (Lugo), auxiliado nas bandas por Tania Fente Pena e Eduardo Feijoó Trigo. Amoestou a Vieytes e Nuno, polos locais, e a Ramón, Cuchi, Tinaia e Diego Peña, polos visitantes.
Goles: (1-0) Minuto 36: Moisés Pereiro. (1-1) Minuto 50: Cuchi. (2-1) Minuto 77: Moisés Pereiro.
Incidencias: Campo de Os Carrís (A Valenzá-Ourense). Uns 200 espectadores.