Sábado intensivo de ximnasia no Pavillón da Raña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pavillón marinense da Raña acollerá durante todo o sábado 9 de maio unha multitudinaria xornada deportiva.
En total serán preto de 600 ximnastas as que se darán cita en dúas competicións, o Campionato Provincial Escolar e de Promoción de Ximnasia Rítmica.
Pola mañá, dende as 11:00 horas, 62 clubs participarán no campionato escolar do Plan Xogade e pola tarde, a partir das 17:00 horas, serán 18 os clubs participantes no provincial de promoción.
Na cita reuniranse deportistas en categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e sénior para competir nas modalidades de maza, pelota, aro e corda.
Será ademais un quentamento para o Campionato de España de Ximnasia Acrobática que acollerá A Raña a próxima semana, do 14 ao 16 de maio.