Marín será sede en maio do Campionato de España de Ximnasia Acrobática
Por Redacción
A boa imaxe ofrecida por Marín na recente Copa de España de Ximnasia Acrobática, celebrada no Pavillón da Raña, obtivo os seus froitos.
A Federación Española de Ximnasia outorgou á vila, baixo a coordinación do Club In Mare, a organización do próximo Campionato de España da especialidade.
Así o mesmo escenario, A Raña, recibirá máis de 300 deportistas os días 15 e 16 de maio competindo polo título nacional.
Aproveitando a concesión deste campeoanto, o Concello de Marín confirmou que converterá o mes de maio no "mes da ximnasia", organizando outros eventos complementarios como o Campionato Escolar Provincial e Promoción de ximnasia rítmica ou o Torneo Intercentros, tamén na modalidade de rítmica.
Relacionadas:
-
Brillante inicio de competición no Nacional de Ximnasia Acrobática na Raña
Por Daniel Santomé |
-
A elite da ximnasia acrobática nacional cítase na Raña
Por Diego Espiño |
-
Concello e clubs de ximnasia ultiman a organización dos campionatos de España de rítmica
Por Redacción |
-
A Raña mostra o seu gusto pola ximnasia acrobática
Por Diego Torrado |