O Leis Femenino apura as súas opcións de permanencia tras superar o Alover (4-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O final de liga do Leis Femenino reavivou as súas opcións de permanencia en Segunda División despois dun complicado ano.
Esas opcións creceron notablemente tras o triunfo das pontevedresas ante o Escolas Municipales Alover no seu último partido da tempada, xa que na última xornada descansarán.
O Leis impúxose por 4-0 dominando o choque dende o inicio, adiantándose cun gol de Tamara Custodio aos 9 minutos de xogo e poñendo, dous minutos despois, o 2-0 por medio de Anita.
Tras este tanto as visitantes deron un paso adiante chegando con perigo, pero o marcador non se movería de novo ata a segunda metade.
Faríaos xa superado o ecuador da segunda parte cun tanto en propia meta que poñía o 3-0, antes da sentenza de Ali co cuarto a falta de catro minutos.
Este triunfo fai que o Leis supere na táboa o Fisober abandonando a última posición, debendo esperar ao resultado do seu rival na última xornada de liga para confirmar a súa permanencia.
LEIS PONTEVEDRA FS (4): Tami, Ali, Mar, Anita, Bibi -cinco inicial- Marta, Tamara Custodio, Patricia, Jessica.
ESCUELAS MUNICIPALES ALOVER (0): Verónica, Elisabeth, Alejandra, Desirée, Xenia -cinco inicial- Rocío, Esther.